Mercado de Abastos (Pontevedra)
© R. Blanco
Mercado de Abastos
Reformado no ano 2003 polo célebre arquitecto César Portela tras máis de medio século de funcionamento, o mercado de abastos sitúase na marxe do río Lérez, nun espazo onde ten lugar unha importante concentración da actividade comercial.
O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa completa e variada oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade que vai desde peixarías, carnicarías, chacinarías, conxelados, froiterías e verdurarías. Igualmente, dispón de postos de venda de flores, reparación de calzado, duplicado de chaves, panadaría, perruquería, quioscos, mercerías e dúas cafetarías.
Na actualidade, a praza de abastos constitúe o principal elemento dinamizador do comercio no centro histórico, especialmente pola súa gran capacidade de atracción de clientes.
Coa finalidade de ampliar e diversificar a oferta de negocio existente, leváronse a cabo importantes actuacións arquitectónicas, que transformaron o mercado nun moderno e completo edificio. As novas instalacións están dotadas dos últimos avances do sector e non se escatimaron esforzos para acadar o mellor servizo e a satisfacción dos usuarios. E todo isto cun único obxectivo: converter a praza de abastos nun dos mercados mellor situado e máis competitivo das cidades galegas.
Estas obras e traballos de acondicionamento supuxeron unha inversión superior aos nove millóns de euros, financiados maioritariamente polo Plano Europeo Urban e por fondos propios do Concello de Pontevedra.
Os consumidores atopan aquí unha combinación única de produtos frescos e de calidade, a prezos moi accesíbeis. Outras vantaxes son a existencia dunha lonxa de venda directa de pescados e mariscos, así como dun aparcadoiro soterrado con 225 prazas.
Todos estes aspectos fan que o mercado de abastos sexa un referente na vida social de todos os cidadáns.

Fernando Alonso. Raikkonen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario