miércoles, enero 23, 2008

FOTO 321 - PLAZA DE CERVANTES (SANTIAGO DE COMPOSTELA) GALICIA


Plaza de Cervantes
Santiago de Compostela (A Coruña) Galicia
2007 © R. Blanco
Mail
Feed de las entradas

_

A praza de Cervantes era coñecida no século XII como o ‘Foro’, por ser punto de reunión popular e o lugar onde o pregoeiro lía os acordos municipais e as ordenanzas do Arcebispo. Por esta vocación informativa, unha das súas rúas, de importante actividade comercial, denomínase ‘do Preguntoiro’. Fai esquina co edificio levantado en 1682 para o antigo Concello, que ocupou o soar durante 200 anos, desde 1583 ata o seu traslado en 1787 ao palacio de Raxoi. Hoxe é o único edificio municipal barroco que se conserva intacto en Galicia. Unha restauración interior permitiu identificar as antigas escribanías, o oratorio, o arquivo e os alxubes: sábese que na praza chegaron a realizarse autos de fe en tempos da Inquisición e que nela estivo situada ata 1570 a columna en torno á cal se impartía xustiza e a cuxo pé se situaba o patíbulo. A columna viña de presidir as execucións no monte da Almáciga e pasou á ‘carballeira’ de Santa Susana, de onde desapareceu no século XIX.

Posteriormente, ao especializarse na venda de alimentos e mercadorías, o espazo adquiriu o nome de ‘praza do Campo’ e categoría de mercado principal. Isto explica tamén o nome da igrexa de San Bieito do Campo, cuxas liñas neoclásicas actuais non fan pensar que a fundación se remonta ao século X.

Trasladado o mercado á Praza de Abastos a finais do século XIX, a praza adquiriu o nome definitivo de Cervantes. Un busto do escritor coroa a fonte e recórdanos que o autor de Don Quijote era portador de dous apelidos de orixe galego: Cervantes e Saavedra.
_

Puedes descargarte gratis las imágenes con su resolución original de 1280 x 1024 para colocarlas como fondos de pantalla. Fotos gratis. Galicia. Download free wallpaper.
_

No hay comentarios:

Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.